O BNG consegue representación en Madrid
- agalicia2021
- 11 nov 2019
- 1 Min. de lectura

Nestor Rego, elixido deputado por Coruña.
O resultado do BNG reforza a formación dirixida por Ana Pontón para as futuras eleccións autonómicas que se celebrarán en 10 meses. Isto supón un triunfo da esquerda sobre a ultradereita, xa que o escano dos nacionalistas galegos para o distrito coruñés disputoullo a Vox, sobe algo máis de dous puntos en porcentaxe de voto. "Galicia estará representada e defendida como merece", dixo Pontón na súa comparecencia xunto ao deputado elixido, Nestor Rego. "Esta é unha resposta ás agresións centralistas".
Comentarios