Así resiste Galicia a VOX
- agalicia2021
- 12 nov 2019
- 1 Min. de lectura
As rexións históricas, Galicia, Vasco e Cataluña, resisten a chegada de Vox. Mentres a ultradereita entra en outras comunidades con forza, como por exemplo Murcia, en Galicia non consegue acadar representación.

A forza de VOX, nas nacionalidades históricas non ten a mesma presenza que chega a acadar no resto de comunidades autónomas da península. Galicia é o exemplo máis relevante de resistencia ante a formación de Abascal. O PP e o PSOE continúan impoñéndose, empatando a 10 representantes cada unha, pero debemos destacar a entrada do BNG, que consegue acadar representación con Nestor Rego. En municipios como Allariz, o BNG impúxose e chegou a gañar as eleccións.
Vox, tan só foi capaz a acadar 114.834 votos na nosa comunidade.
Comentarios